ANIMAIS EXTINTOS XVII
Continúo coa serie adicada a animais extintos. A extinción dunha especie animal ocorre cando morre o último membro individual desa especie. Aínda que unha especie pode estar extinta na natureza, a especie non se extinguirá ata que cada individuo, independentemente da súa localización, catividade ou capacidade de reprodución, morrese.
Se onte falamos da tartaruga xigante de Pinta, hoxe tócalle o turno á...
17. Moa
As moas (Dinornithidae) eran aves non voadoras que habitaban en Nova Zelandia. As súas especies varían en tamaño, indo desde o tamaño dun galo ata as moas xigantes que podían chegar a medir 3 metros de altura e pesar un 250 kg. Foi unha das aves máis grandes que xamais existise. Extinguiuse no ano 1400 debido á caza excesiva por parte dos maoríes.
Continuará...
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/natureza
0 comentarios