CANTO SABES DE CUBA? IV
Continúo coa serie sobre Cuba, oficialmente República de Cuba. Iste país soberano insular co que temos tantoz lazos: idioma, emigración...
A contestación correcta á pregunta de onte é A Habana.
A Habana é a capital de Cuba, a súa urbe máis grande, o principal porto, o seu centro económico-cultural e o seu principal polo turístico. É a cidade máis poboada do país cunha poboación de 2.492.618 habitantes e a máis poboada da rexión do Caribe. Como capital de Cuba, a cidade é a sede oficial dos órganos superiores do Estado e o Goberno cubano, de todos os organismos centrais e de case a totalidade de empresas e asociacións de ámbito nacional. Ademais, reúne a maior cantidade de sucursais e casas matrices das entidades estranxeiras radicadas en Cuba. Santiago de cuba é a segunda cidade máis importante con 588.719 habitantes.
E imos coa pregunta de hoxe!
4. Como é a organización territorial de Cuba?
- 14 provincias e un municipio especial
- 15 provincias
- 15 provincias e un municipio especial
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: lavanguardia.com e es.wikipedia.org/wiki
0 comentarios