AS PEQUENAS ACCIÓNS MARCAN UNHA GRAN DIFERENZA
Nacho Dean é un aventureiro de recoñecido prestixio. É a primeira e única persoa na historia en conseguir dar a volta ao mundo camiñando e unir nadando os 5 continentes (houbo máis xente na Lúa): De 2013 a 2016 deu a volta ao mundo camiñando, expedición que chamou EarthWideWalk e que lle levou durante 3 anos a percorrer 4 continentes, 31 países e 33.000 quilómetros a pé, en solitario e sen asistencia en defensa do medio ambiente. Entre 2018 e 2019 completou a Expedición Nemo, desafío co que uniu a nado os 5 continentes para lanzar unha mensaxe de conservación dos océanos.
Autor de 2 libros Libre e Salvaxe e A chamada do océano publicados co editorial Planeta, impartiu máis de 150 conferencias internacionais e foi protagonista de innumerables entrevistas e reportaxes en medios de comunicación.
0 comentarios