WORLS PRESS PHOTO 2023
A imaxe gañadora do World Press Photo / EVGENIY MALOLETKA (Associated Press)
Esta imaxe do sufrimento causado pola guerra en Ucraína gañou o concurso World Press Photo 2023, organizado pola fundación holandesa do mesmo nome. Elixida por unanimidade polo xurado, o autor é o xornalista, fotógrafo e cineasta ucranio Evgeniy Maloletka (1987).
Mostra o traslado en padiola de Irira Kalinina, unha muller embarazada que resultou ferida cando estaba ingresada no hospital materno infantil da cidade de Mariupol. O 9 de marzo de 2022, as tropas rusas cercaron e bombardearon a zona, e Maloletka captou o momento en que a vítima era trasladada nunha padiola a outro centro médico. A piques de dar a luz no momento do ataque, o bebé naceu morto e ela, de 32 anos, faleceu media hora despois coa pelvis esnaquizada.
Xunto á traxedia persoal, a foto, publicada pola axencia Associated Press, mostrou a destrución causada polo ataque ruso contra obxectivos civís, o que se considera un crime de guerra para a xustiza internacional.
Unha traxedia!
0 comentarios