DÍA DAS LETRAS FALEGAS 2023: FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
Hoxe, o 17 de maio, o Día das Letras Galegas, esta adicado a Francisco Fernández del Riego. Naceu en Vilanova de Lorenzá-Lugo, o 7 de xaneiro de 1913 e morreu, en Vigo, o 26 de novembro de 2010. Foi un escritor, intelectual e político español que desenvolveu desde a década de 1930 un traballo constante e recoñecido a favor da cultura galega, o que fixo del una das personalidades máis destacadas de Galicia. Foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e director, xunto a Ramón Piñeiro López, de revísta Grial nos seus primeiros cen números. Ensaísta e narrador, foi autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega.
Fernández del Riego pertenceu á xeración de intelectuais xurdidos ao redor do grupo Nós. Durante a República foi membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, e formou parte do Consello galego de Galeuzca (1934).
Foi, xunto con Ramón Piñeiro e Jaime Isla Couto, un dos principais impulsores da Editorial Galaxia (fundada en 1950), empresa que liderou o proceso de recuperación cultural na posguerra. En 1963 xurdiu desta editorial revísta Grial, que Fernández del Riego codirixiu e para a que escribiu de forma asidua recensións literarias e artigos.
Ingresou en 1960 na Real Academia Galega cun discurso titulado Un país e unha cultura. A idea de Galicia nos nosos escritores. En 1997 presidiu esta institución.
O seu traballo no ámbito cultural e a súa extensa obra convérteno nun dos principais intelectuais galeguistas do século XX e comezos do século XXI. Entre os seus libros destacan ensaios sobre a cultura e a literatura galegas como Historia da literatura galega, Galicia no espello, Dicionario de escritores en lingua galega ou A xeración Galaxia e estranxeiras, e estranxeiras como Letras do noso tempo e Escritores de Portugal e Brasil.
Cultivou tamén a narrativa (O cego de Pumardedón) e a literatura de viaxes (As peregrinacións xacobeas, O camiño de Santiago e Galicia). Editou antoloxías poéticas e libros de vocabulario, escribiu gran número de artigos poéticos e biografías. Tamén é autor dun libro de memorias, O río de tempo (1991). En 2003 recompilou a súa correspondencia con Cunqueiro e editouna en Galaxia co título Cartas ao meu amigo. Epistolario Mindoniense. En 2004 publicou con Galaxia as súas memorias baixo o título de Camiño andado.
En 1995 doou á cidade de Vigo a súa colección de libros, que constitúe a Biblioteca-Museo Francisco Fernández del Riego. Ata decembro de 2009 foi director da Biblioteca da Fundación Penzol en Vigo.
Como unha das principais figuras de Galicia, foi recoñecido con numerosos galardóns (Premio Trasalba, Premio Pedrón de Ouro, Medalla de Ouro da Cidade de Vigo, Premio de creación Cultural da Xunta de Galicia, Premio Celanova Casa dos Poetas, Medalla Castelao, Premio das Artes e das Letras de Galicia etc.)/ etc.). Foi nomeado Doutor honoris causa pola Universidade de Vigo e Gallego Egrexio pola Fundación dos Premios da Crítica.
Para máis información preme AQUÍ.
0 comentarios