AS CHAPUZAS DO DESEÑO DA ESPECIE HUMANA
Dicía Sigmund Freud que dous achados científicos afectaron dramaticamente á psicoloxía do ser humano: que a Terra non é o centro do universo e que levamos sobre a face do planeta só un moi pequeno lapso de todo o tempo transcorrido desde a súa formación, hai 4.500 millóns de anos. Todo existía sen nós.
Pero hai que engadir un trompazo máis: non somos perfectos, a nosa especie dista moito de estar ben “deseñada”. Vexamos!:
1. O aparello reprodutor masculino é un apaño evolutivo
O aparello reprodutor masculino é un claro exemplo do mal deseñados que estamos. Non parece ser moi intelixente ou óptimo ter un órgano tan sensible totalmente exposto. Sería moito mellor telo ben resgardado como o están os pulmóns ou o corazón.
O David de Miguel Anxo / elpais.com
O problema é que os nosos gametos masculinos, os espermatozoides, non se desenvolven de maneira correcta á temperatura do noso corpo (36,5ºC), e a solución para baixar un pouco esa temperatura foi a que todos coñecemos.
Outros organismos, que non son de sangue quente, por exemplo as ras, teñen os órganos reprodutores masculinos ben resgardados e protexidos. Mesmo nalgúns organismos de sangue quente, como os elefantes, están a recado sen que supuxese un prexuízo para os gametos masculinos.
FONTE: Marcial Escudero/quo.eldiario.es/ciencia
Continuará...
0 comentarios