Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE A INDIA? XII

Continúo coa serie adicada á India, ese país alucinante da Ásia meridional.

A contestación correcta á pregunta de onte é Choque das placas Indoaustraliana e Euroasiática. A placa Índica, tamén chamada placa India ou Indostánica, fundiuse coa placa Australiana adxacente hai preto de 50-55 millóns anos. Na actualidade é parte da placa Indoaustraliana, e inclúe ao subcontinente Indio e a unha porción da conca do océano Índico. As enormes forzas de presión, nesta zona de subducción, que resultaron do choque provocaron unha xigantesca elevación montañosa que é o Himalaia.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Cal é a montaña máis alta de india?

- Kanchenjunga

- Kamet

- Nanda Devi

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org         Imaxes: materialescienciassociales.com e es.wikipedia.org

0 comentarios