Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE A INDIA? XIII

Continúo coa serie adicada á India, ese país alucinante da Ásia meridional.

A contestación correcta á pregunta de onte é Kanchenjunga. É a terceira montaña máis alta do mundo, despois do Everest e do K2, cunha altitude de 8.586 metros sobre o nivel do mar. É tamén a máis alta de India e a segunda máis alta do Nepal, situada no distrito de Taplejung.  

 

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Excepto nas rexións máis montañosas, onde as temperaturas son baixas, a maior parte da India ten un clima intertropical e subtropical. As variacións estacionais son o resultado dun tipo de ventos…

- Siroco

- Monzón

- Chamsin

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org         Imaxe: carlospauner.com e fondear.org

0 comentarios