ENCRUCILLADO CXXXII
VERTICAIS: 2. Animal mariño do subtipo dos cefalocordados, semellante a un peixe, co corpo alongado e transparente, sen escamas, rodeado por unha aleta estreita e de nome científico Branchiostoma lanceolatum 3. Botar a perder unha cousa, separando as partes que a compoñen de tal xeito que quede inservible 5. Coloración amarela da pel e das mucosas debido a un aumento da bilirrubina que se acumula nos tecidos 6. Cada unha das tres membranas que envolven o encéfalo e a medula espiñal 9. Capital de Serbia.
HORIZONTAIS: 1. Campaíña de metal que se pendura ao pescozo das reses de gando e que levan tamén algunhas máscaras do Entroido 4. Planta herbácea da familia das cucurbitáceas, de raíz carnosa, canles finos, flores brancas e froito en baga, de cor vermella cando está maduro e de nome científico Bryonia cretica 7. Descrición ou fotografía do Sol 8. Abundancia ou exceso de palabras, xeralmente inútiles ou baleiras de contido 10. Elemento químico de propiedades similares ao iodo, que pertence ao grupo dos halóxenos, cuxo símbolo é At.
0 comentarios