CANTO SABES DE ALEMAÑA? XII
Continúo coa serie sobre Alemaña, ese país situado no corazón de Europa, membro da Unión Europea e o motor da economía e a industria do vello continente.
A contestación correcta á pregunta de onte é Reino Unido, Francia e Imperio Ruso. Recibiu o cualificativo de «mundial» porque se viron involucradas todas as grandes potencias industriais e militares da época, divididas en dúas alianzas. Por unha banda, a Tripla Alianza formada polas Potencias Centrais: o Imperio alemán e Austria-Hungría. Italia, que fora membro da Tripla Alianza xunto a Alemaña e Austria-Hungría, non se uniu ás Potencias Centrais, pois Austria, en contra dos termos pactados, foi a nación agresora que desencadeou o conflito. Doutra banda atopábase a Tripla Entente, formada polo Reino Unido, Francia e o Imperio ruso. Ambas as alianzas sufriron cambios e foron varias as nacións que acabarían ingresando nas filas dun ou outro bando segundo avanzaba a guerra: Italia, o Imperio do Xapón e Estados Unidos uníronse ao Triplo Acordo, mentres o Imperio otomán e o Reino de Bulgaria uníronse ás Potencias Centrais.
E imos coa pregunta de hoxe!
12. A Segunda Guerra Mundial comezou o 3 de setembro de 1.939. Pero cal foi o detonante desta Guerra?
- Invasión de Francia
- Invasión de Polonia
- Invasión de Belxica
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: humanidades.com e jotdown.es
0 comentarios