CANTO SABES DE XAPÓN?
Tradición e modernidade danse a man nun dos países con máis personalidade do continente asiático. Xapón, que ata a metade do século XIX pechou as súas fronteiras aos avances que chegaban de occidente, abriuse finalmente ao mundo despois da ameaza por parte de Estados Unidos de atacar as súas costas se non saía do illamento. A partir de aquí o país abandonou o sistema feudal e iniciou un proceso de modernización que o converteu nun dos estados máis avanzados tecnoloxicamente. Aínda así, esta rápida transformación non conlevou a perda dunha cultura milenaria que segue moi presente na sociedade xaponesa.
A partir de hoxe, e cada día, trataremos de coñecer todo o que poidamos sobre este país. Anímaste? Pois comezamos!
1. Xapón, tamén é chamado…
- País do Sushi
- País do sol nacente
- O ceo e a terra dos Samurais
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org e culturizando.com Imaxes: freepik.es e exoticca.com/es
0 comentarios