Blogia
vgomez

ALGA QUE PODE ACABAR COAS EMISIÓNS DE METANO PRODUCIDAS POLO GANDO

Asparagopsis taxiformis no seu hábitat natural no fondo do mar / Jean-Pascal Quod/es.wikipedia.org

Sea Forest vai comercializar un suplemento de algas mariñas descubertas en Australiana que poderá resolver case por completo o problema das emisións de gases efecto invernadoiro producidas pola gandería.

A organización oceánica obtivo unha subvención dun millón de dólares australianos por parte do goberno federal que permitirá acelerar a produción do innovador produto de algas comestibles chamadas asparagopsis.

Este vexetal mariño foi identificado por un equipo de investigación dirixido por CSIRO, que descubriu a súa capacidade para reducir significativamente a cantidade de metano producido por vacas e ovellas cando se agrega ás súas dietas, eliminando case por completo a produción do potente gas de efecto invernadoiro.

As asparagopsis son nativas das augas de Tasmania e Sea Forest prevé poder cultivala para producila en cantidades comerciais e utilizala na industria agrícola.

O metano é un subproducto do proceso de rumia que utilizan animais como vacas e ovellas para dixerir pastos. O proceso implica a fermentación dos pastos, incluído o proceso de fermentación entérica que produce metano como subproducto, que se libera á atmosfera a través dos eructos.

A crecente produción mundial de gando ovino e bovino converteuse nun gran desafío para os esforzos por reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, xa que o metano ten un potencial de quecemento global 28 veces maior que o do dióxido de carbono. O gando é responsable de ata unha sexta parte das emisións globais.

Sea Forest desenvolveu un suplemento dietético derivado da Asparagopsis, que pode reducir a produción de metano na produción de gando vacún e ovino ata nun 98% cando o suplemento substitúe só o 0,2% da súa dieta.

O suplemento de algas que está a desenvolver Sea Forest, coa súa capacidade para eliminar case por completo as emisións da produción de gando ovino e bovino, podería aproveitar un enorme mercado agrícola mundial.

FONTE: elmundo.es/ciencia

0 comentarios