Blogia
vgomez

CANTO SABES DE ITALIA? VI

Continúo coa serie adicada a Italia, país ubicado no centro do mar Mediterráneo, na Europa meridional, berce do renacemento europeo, o país da bota ten de todo e para todo o mundo.

A contestación correcta á pregunta de onte é Sicilia, Sardeña e Elba. Italia ocupa a península itálica así como a chaira Padana, as illas de Sicilia e Sardeña e ao redor de oitocentas illas menores, entre as que se destacan as illas Tremiti no mar Adriático, os arquipélagos Campano e Toscano, onde se atopa a illa de Elba, no mar Tirreno, ou as illas Pelagias en África setentrional, entre outras. A máis grande de todas é Sicilia.

 E imos coa pregunta de hoxe!

6. Italia ten varios enclaves…

- Microestado da Cidade do Vaticano

- Campione d’Italia

- Microestado de San Marino

- Mónaco

- Liechtenstein

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxe: proyectoviajero.com e earthtrekkers.com

0 comentarios