CANTO SABES DE ITALIA? XVII
Continúo coa serie adicada a Italia, país ubicado no centro do mar Mediterráneo, na Europa meridional, berce do renacemento europeo, o país da bota ten de todo e para todo o mundo.
A contestación correcta á pregunta de onte é...
1- O Coliseo (Roma), orixinariamente coñecido como Anfiteatro Flavio, ou simplemente como Amphitheatrum, é un anfiteatro da época do imperio romano construido no século I, con total probabilidade o máis famoso do mundo. Podía acoller 50.000 espectadores, sendo usado, principalmente, para espectáculos de loitas de gladiadores. O edificio forma unha elipse de 527 m de perímetro, con eixes que miden 188 m x 156 m. A "arena" interna mide 86 m por 54 m, cunha superficie de 3.357 m². A altura actual acada 48,5 m, mais en orixe chegaba a 52 m.
2- A Torre de Pisa (Pisa), é o campanario da catedral de Pisa. Foi construída para que permanecese en posición vertical pero comezou a inclinarse axiña se iniciou a súa construción en agosto de 1173. A altura da torre é de 55,7 a 55,8 metros desde a base, o seu peso estímase en 14.700 toneladas e a inclinación de 5,5° estendéndose 4,5 m da vertical. A torre ten 8 andares, unha base de arcos cegos con 15 columnas, 6 niveis cunha columnata externa e remata nun campanario. A escaleira interna en espiral ten 294 chanzos.
3- A catedral de Milán (Milán) sitúase na praza central desta cidade, na Lombardía, no norte de Italia. É a sé da arquidiocese de Milán e unha das máis célebres e complexas edificacións en estilo gótico de Europa. Trátase dunha catedral inmensa, con 157 m de lonxitude e 109 m de largura. O interior ten cinco naves cunha altura que chega aos 45 metros, divididas por 40 piares. Posúe un transepto con tres naves. O estilo gótico da catedral é único (gótico flamíxero).
E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!
17. Poderías identificar este lugares de Italia?
Mañá a solución e remate da serie!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios