Blogia
vgomez

QUE É FACER -LUZ DE GAS- NUNHA RELACIÓN?

 

María Esclapez é psicóloga, sexóloga, terapeuta de parellas e autora do libro ‘Quérome, quéroche’. E como tantas outras persoas, ela tamén viviu experiencias traumáticas nas súas relacións de parella, tóxicas e dependentes, ata atopar a forma de saír desa dinámica. “Despois de ver e vivir moitos vínculos tóxicos, sei que só son iso: vínculos que se reflicten en comportamentos. Non existen as persoas tóxicas, senón persoas con historias e aprendizaxes que emiten comportamentos tóxicos”, describe Esclapez, que comparte en redes sociais, consellos sobre psicoloxía e trucos para manter relacións afectivas sas.

Todo o que aprendemos ao longo da vida de maneira consciente ou inconsciente cambia a nosa maneira de vivilas, mesmo se o que aprendemos facémolo dentro da mesma relación. O ser humano é como unha esponxa, aprende comportamentos, situacións, palabras, imaxes, formas de pensar e mesmo actitudes”, explica a experta. E conclúe: “Moitas veces, estas vivencias pódense chegar a converter en auténticos traumas. Nas relacións cos pais, as amizades ou a parella, calquera vivencia que supoña un sufrimento emocional ou físico considérase traumática porque afecta a parte íntima e afectiva da persoa. Este tipo de traumas serán os que máis adiante poidan condicionar o tipo de vínculo nunha relación, que poderá ser tóxico ou non”.

0 comentarios