Blogia
vgomez

FESTA DO PULPO DE CARBALLIÑO 2023

O Carballiño marcaba onte un dos eventos máis importantes da Festa do Pulpo que protagoniza na comarca este mes de agosto, o seu habitual intento de bater o récord da tapa de polbo máis grande. Esta cita gastronómica, declarada Festa de Interese Turístico en 1969 e Festa de Interese Turístico Nacional no Ano 2012, propúxose un novo reto para este ano, unha tapa de 580 quilos de polbo á feira.

 

Para iso, a organización dispoñía de 45 litros de aceite, cinco quilos de sal e 2 dous quilos de pemento para lograr o que se espera que sexa un novo récord. Os 35 pulpeiros encargados de levar a cabo a tapa, lograron bater o pasado récord facendo un tempo de 10 minutos e 28 segundos.

FONTE: laregion.es

0 comentarios