CANTO SABES SOBRE AS BOLBORETAS? V
Continúo coa serie adicada ás bolboretas, eses insectos de aspecto delicado, voo grácil e exuberantes cores.
A contestación correcta á pregunta de onte é Imago. Efectivamente, o imago é o último estadio de desenvolvemento da metamorfose dun insecto, xa sexa despois da súa última ecdisis a partir dunha ninfa nos hemimetábolos, ou despois de emerxer da crisálide ou pupa nos holometábolos. Dicir que o termo ecdisis é sinónimo de muda nos artrópodos e o farado precisamente fai referencia ao momento en que un insecto xa esta preparado para unha fase da súa metamorfose, pero aínda se atopa envolvido pola cutícula da súa fase anterior.
Bolboreta e cerdeira en flor
E imos coa pregunta de hoxe!
5. E falando do ciclo de vida dunha bolboreta e do seu produto final, o imago. Sabes canto pode vivir unha bolboreta en estado adulto?
- 1 semana
- De 3 a 4 semanas
- De 2 a 3 meses
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: nationalgeographic.com.es Imaxe: ISTOCK
0 comentarios