Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO CXXXVII

 

 

VERTICAIS: 1. Capital e cidade máis poboada de Samoa 2.  Molusco bivalvo da familia dos donácidos, duns tres centímetros de lonxitude, coa cuncha de cor verde oliva pálida ou parda clara e interior branco, violeta ou laranxa e de nome científico  Donax trunculus 3. Heroe dos que navegaron con Xasón na busca do vélaro de ouro 7. Instrumento que serve para asubiar 8. Anaco de carne máis ou menos graxenta ou de febra torrada que queda despois de derreter as graxas do porco no proceso de elaboración da manteiga 9. Elemento químico non metálico do grupo dos térreos, de gran dureza, utilizado na fabricación de esmaltes e vidros, cuxo símbolo é B.

HORIZONTAIS: 4. Planta, veriedade da ameixeira, acaracterizado por producir como fruto o mirabel, tendo por nome científico Prunus domestica var. syriaca  5. Paxaro da familia dos upúpidos, de peteiro longo e curvado, ás arredondadas e plumaxe de cor castaña rosada, coa parte inferior do lombo e o rabo raiados de branco e negro e notable crista eréctil coa punta das plumas negra e de nome científico Upupa epops  6. Exclamación que expresa o modo brusco en que algo se realiza ou sucede 10. Vento frío e turbulento do nordés ou norte, que en España sopra principalmente sobre o arquipélago das Illas Baleares e o nordés de Cataluña, e que usa o norte dos Pireneos e o suroeste do Macizo Central (Francia) como zona de aceleración, para internarse no Mediterráneo.

0 comentarios