CANTO SABES DE XAPÓN? XII
Continúo coa serie adicada a Xapón, un dos países con máis personalidade do continente asiático, onde tradición e modernidade danse a man.
A contestación correcta á pregunta de onte é Biwa. O lago Biwa é o lago máis extenso de Xapón. Ocupa unha área de 670 km², sendo tamén o máis antigo do país. Está situado no centro-oeste da illa de Honshu, na prefectura de Shiga, ao nordés de Kioto, a antiga capital.
E imos coa pregunta de hoxe!
12. Cal é a estrutura de goberno de Xapón?
- Emperador
- Monarquía constitucional
- República
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: challenges.fr
0 comentarios