ESPAZOS SONGULARES DE GALICIA (ATLAS OBSCURA)
O banco de Loiba, o complexo arqueolóxico romano de Aquis Querquennis e o santuario de Santa Minia están entre os enclaves máis singulares do mundo. Pero non son os únicos de Galicia: hai outros 23 espazos que salientan por ser unha rareza arquitéctonica, polo seu valor histórico ou, simplemente, por ser unha marabilla da natureza. Así o define a páxina Atlas Obscura, que xestiona un mapa interactivo con máis de 25.800 lugares singulares arredor do mundo. Entre eles, 26 enclaves galegos cóanse nunha longa nómina de espazos insólitos rexistrados ao longo de todo o planeta.
Consultalos todos é ben sinxelo. Tan só hai que ingresar na páxina web de Atlas Obscura e mover o cursor polo seu mapa interactivo. Como se pode comprobar, está cheo de marcadores e cada un deles corresponde a un lugar singular. Os encargados de fixar estes espazos son os colaboradores deste mapa, é dicir, toda unha comunidade de viaxeiros e exploradores que engade estas “increíbles marabillas” conforme vai descubrindo mundo. De feito, os membros de Atlas Obscura animan a seguir agregando lugares, que se pode facer doadamente rexistrándose na páxina.
Un exeplo. Busquei Os muíños do Folón e Picón no Rosal. Queres ver o que me saíu, pois preme AQUÍ.
FONTE: gciencia.com
0 comentarios