CANTO SABES DE XAPÓN? XI
Continúo coa serie adicada a Xapón, un dos países con máis personalidade do continente asiático, onde tradición e modernidade danse a man.
A contestación correcta á pregunta de onte é Monte Fuji. O monte Fuji, tamén coñecido como Fujiyama por un erro de transliteración (o nome correcto sería Fujisán), é o punto máis alto de Xapón. Situado na illa Honshu, no Xapón central e xusto ao oeste de Tokio. Cos seus 3.776 metros de altitude, o Fuji é un estratovolcán e é o símbolo de Xapón. Séguelle o Monte Kita (Kitadake) con 3.193 m de altitude.
E imos coa pregunta de hoxe!
11. Cal é o lago máis grande de Xapón?
- Saroma
- Biwa
- Kasumigaura
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org e datosmacro.expansion.com Imaxes: freepik.es
0 comentarios