Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO CXXXIX

VERTICAIS: 1.  Planta herbácea perenne da familia das compostas, de follas entre ovais e lanceoladas, talo piloso, flores grandes de cor amarela e de nome científico Arnica montana 2. Capital de Armenia 3. Romper algo en anacos pequenos 6. Pequena cidade e comuna rural situada na provincia da o Hauz, dentro da rexión de Marrakech-Tensift-Ao Hauz en Marrocos, epicentro do recente terremoto nese país 7. Parte posterior do pescozo, onde empeza a cabeza.

HORIZONTAIS: 3. Elemento químico metálico do grupo dos térreos, de cor branca prateada, moi dúctil, brando e de baixa densidade, cuxo símbolo é Sc 4. Peixe da familia dos clupeidos, de cor azul verdosa no lombo e prateada nos flancos e no ventre, que pode alcanzar os sesenta centímetros de lonxitude, vive en augas profundas e desova no curso baixo dos ríos, e con nome científico Alosa alosa 5. Aparello para medir a pendente dun terreo ou a inclinación dun estrato ou dunha falla respecto ao plano horizontal 8. Apelido do neurocientífico italiano que recentemente descubriu un novo tipo de célula no cerebro humano: astrocitos glutamatérxicos 9. Que ten o nariz pequeno ou romo.

0 comentarios