Blogia
vgomez

PREMIOS IG NOBEL 2023

Ilustración realizada polo equipo de investigación que mostra os remuíños creados polas anchoas / REMEDIOS

Os Premios Ig Nobel son unha parodia dos Premios Nobel que son outorgados cada ano a dez logros que "primeiro fan á xente rir, e despois fana pensar". Da organización dos premios encárgase a revista de humor científico Annals of Improbable Research (Anais de investigadores improbables AIR) e son presentados por un grupo de persoas entre os que se inclúen premios Nobel nunha cerimonia no Sanders Theater da Universidade Harvard.

Iste ano os galardóns ás investigacións máis bizarras distinguen un retrete que grava e analiza as deposiciones, o uso dunha araña morta como ferramenta, unha auditoría dos pelos do nariz dos cadáveres e garfos que dan cambra.

España volveu sumarse este ano á lista de premiados con un estudo sobre as turbulencias que orixinan as relacións sexuais das anchoas, que por certo foi levado por investigadores galegos liderados por Beatriz Mouriño Mouriño do CIM-UVigo.

Ver para crer!

0 comentarios