Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO CXLII

VERTICAIS: 1. Tipo de cancro do sangue que comeza na medula ósea, o tecido brando que se atopa no centro dos ósos, onde se forman as células sanguíneas e que se caracteriza por un aumento excesivo e permanente dous glóbulos brancos 2. Lousa con algunha inscrición gravada, en especial a que se coloca sobre unha sepultura 4. Método de protección da información e as comunicacións mediante o uso de códigos, de modo que só aqueles a quen está destinada a información poidan lela e procesala 5. Arquipélago de orixe volcánico do océano Atlántico que, xunto coas illas Salvaxes, constitúe unha rexión autónoma de Portugal, sendo, así mesmo, unha rexión ultraperiférica da Unión Europea 9. Premio internacional que se outorga cada ano para recoñecer a persoas ou institucións que levasen a cabo investigacións, descubrimentos ou contribucións notables á humanidade no ano anterior ou no transcurso das súas actividades.

HORIZONTAIS: 3. Peixe de corpo alongado e sen escamas en forma de proxectil, peciforme, moi similar ao atún vermello, dorso azulado que tende ao prateado nos seus extremos, a súa aleta caudal é de forma de media lúa, no seu ventre atópanse unhas características manchas escuras, e de nome científico Euthynnus alltteratus 6. Capital de Omán 7. Cabalo ou egua de cor branca amarelada ou acastañada 8. Concello da provincia de Ourense e pertencente á comarca do Ribeiro e ubicado na ribeira do río Avia 10. Flor do toxo, considerada flor nacional de Galicia.

0 comentarios