CANTO SABES DE BRASIL? III
Continúo coa serie adicada a Brasil, o país máis grande de suramérica. Un país de contrastes, de xunglas de aceiro e selvas inexploradas, de favelas e rañaceos, de ondas salvaxes e centros históricos onde pasear é puro pracer, de picanha e caipirinha, de verde, azul e amarelo.
A contestación correcta á pregunta de onte é Brasilia. É a capital federal do Brasil e sede do goberno do Distrito Federal. Está situada na Rexión Centro-Oeste, case no centro xeográfico do Brasil. Ten unha poboación ao redor dos 3 millóns de habitantes.
E imos coa pregunta de hoxe!
3. Cal é a cidade máis poboada de Brasil?
- Brasilia
- Río de Xaneiro
- Fortaleza
- São Paulo
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: gl.wikipedia.org Imaxes: ia.wikipedia.org
0 comentarios