A ORIXE DAS PALABRAS: QUE SANTA LUCÍA CONSÉRVECHA A VISTA!
Que santa Lucía consérveche a vista. É unha expresión popular que se di cando alguén non atopa algo que ten diante dos narices.
Santa Lucía naceu no 283, en Siracusa provincia de Sicilia (Italia), de familia nobre e rica, e educada na fe cristiá. O seu pai faleceu sendo nena e consagrou a súa vida a Deus. Lucia levou á súa nai, Eutiquia, que se atopaba enferma, diante da tumba de Águeda de Catania para que sandara e así sucedeu. Mantivo en segredo o seu voto de virxindade; pero a súa nai, exhortouna a contraer matrimonio cun mozo pagán e Lucia respondeulle, que desexaba consagrarse a Deus e repartir a súa fortuna entre os pobres.
O pretendente indignouse profundamente e denunciou á moza como cristiá ante o Procónsul Pascasio en tempos do emperador romano Diocleciano (A persecución de Diocleciano, esta considerada como a máis sanguenta realizada aos cristiáns no imperio romano). Lucía foi arrestada e presentada ante o xuíz, este presionouna para convencela a que renegase da fe cristiá e ela respondeulle: é inútil que insista, xamais poderá apartarme do amor ao meu Señor Xesucristo.
Foi condenada facer sacrificios pagáns para que abandonase a fe. Pascasio ordenou que fose levada aos peores barrios marxinais de Roma, para que fose tratada con violencia. Pero non puideron levar a cabo a sentenza. Todos os intentos foron en balde. Unha forza estraña impedía que os gardas puidesen mover á moza do sitio en que se achaba. Pascasio mandou aos gardas que lle arrincasen os ollos pero ela seguía vendo. Entón furiosamente condenouna a ser decapitada, morte reservada só aos condenados nobres. Ela respondeulle: os que cremos en Cristo e tratamos de levar unha vida pura, temos ao Espírito Santo que vive en nós e dános forza, intelixencia e valor.
FONTE E IMAXE: histoptica.wordpress.com
0 comentarios