Blogia
vgomez

CANTO SABES DE BRASIL? XI

Continúo coa serie adicada a Brasil, o país máis grande de suramérica. Un país de contrastes, de xunglas de aceiro e selvas inexploradas, de favelas e rañaceos, de ondas salvaxes e centros históricos onde pasear é puro pracer, de picanha e caipirinha, de verde, azul e amarelo.

A contestación correcta á pregunta de onte é Perú. Considérase que a extensión da Amazonía chega aos 7.000.000 km2, repartidos entre nove países, dos cales Brasil e Perú posúen a maior extensión, seguidos por Colombia, Bolivia, Venezuela, Ecuador, Güiana, Suriname e Güiana Francesa (colectividade territorial francesa).

E imos ca pregunta de hoxe!

11. Cal é, aproximadamente, a poboación de Brasil?

- 150 millóns

- 175 millóns

- 200 millóns

- 215 millóns

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org               Imaxes:  es.wikipedia.org e ipsnoticias.net

0 comentarios