CANTO SABES DE BRASIL? XIV
Continúo coa serie adicada a Brasil, o país máis grande de suramérica. Un país de contrastes, de xunglas de aceiro e selvas inexploradas, de favelas e rañaceos, de ondas salvaxes e centros históricos onde pasear é puro pracer, de picanha e caipirinha, de verde, azul e amarelo.
A contestación correcta á pregunta de onte é Tordo colorado. O tordo colorado (Turdus rufiventris) é a ave nacional de Brasil. É unha especie de ave paseriforme da familia Turdidae que vive en Sudamérica. É moi fácil de recoñecer polo seu ventre vermello (o seu nome científico significa literalmente «tordo de ventre vermello») e as raias escuras que presenta sobre o pescozo esbrancuxado. Os tordais teñen patas relativamente longas e delgadas.
E imos coa pregunta de hoxe!
14. Cal é o baile brasileiro por excelencia?
- Axe
- Capoeira
- Lambada
- Samba
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e trt.net.tr
0 comentarios