A ORIXE DAS PALABRAS: CARGAR CO MORTO!

Esta expresión remóntase a unha curiosa lei na Idade Media que rezaba que se aparecía un cadáver dentro dos límites dun pobo e non se podía resolver o crime, os veciños do pobo debían pagar unha multa. Así que para curarse en saúde, cando se atopaban un falecido descoñecido antes que as autoridades, os habitantes cargaban co morto e deixábano nun pobo veciño ou o facían “desaparecer”, evitando así a multa do rei.
Esta expresión alude así a ter un que facerse cargo do que non é responsable.
FONTE: traducciones.com Imaxe: confilegal.com
0 comentarios