CANTO SABES DE BRASIL? XV
Continúo coa serie adicada a Brasil, o país máis grande de suramérica. Un país de contrastes, de xunglas de aceiro e selvas inexploradas, de favelas e rañaceos, de ondas salvaxes e centros históricos onde pasear é puro pracer, de picanha e caipirinha, de verde, azul e amarelo.
A contestación correcta á pregunta de onte é Samba. É unha forma de danza orixinaria do Brasil. Está ligada ao ritmo musical do mesmo nome, con movemento rápido e ritmo a dous tempos, moi practicada por passistas de escolas de samba e en pagodes. A samba é oriundo do Río de Xaneiro. Deriva dun folguedo que emerxeu na Bahia a mediados século XIX con notábel influencia africana, a samba de roda, que á súa vez garda semellanzas co coco, danza de roda máis antiga xurdida na Capitania de Pernambuco con influencias dos batuques africanos e dos bailados indíxenas.
E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!
15. Cal é o Presidente da república Federativa de Brasil?
Mañá a solución e remate da serie!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: dancemotion.es e eswikipedia.org
0 comentarios