EXPRESIÓNS GALEGAS CON RETRANCA VII
Sigo a falar dalgunhas expresións que os galegos temos e que fóra das nosas fronteiras non se entenderán ou poden levar a equívocos. Ademais, teñen uns matices que tentaremos explicar e que ás veces son difíciles de traducir.
13. A cabra sempre tira ao monte
Ten connotacións negativas. Refírese a que a conduta inapropiada dunha persoa é reiterativa. Fai continuamente o que é innato e está na súa natureza.
14. Chegar e encher
É o que todos buscamos, algo así como a versión festiva e non relixiosa de chegar e bicar o santo, é dicir, conseguíchelo á primeira e sen o esforzo esperable.
FONTE: xenera.com e blog.mundo-r.com/es Imaxes: elcorreoestremadura.com e ocarallovintenove.com
Continuará...
0 comentarios