Blogia
vgomez

O T-REX DOS OCÉANOS

Recreación dun pliosaurio / MARK WITTONUNIVERSIDAD DE PORTSMOUTH

Hai aproximadamente 150 millóns de anos, os océanos estaban dominados por un feroz réptil mariño, o pliosaurio. Este cazador, coñecido como o superdepredador do océano, medía doce metros de longo, tiña catro grandes aletas e un cranio con 130 dentes. Precisamente un dos cranios máis grandes e mellor conservados que se acharon nunca foi descuberto en Reino Unido, segundo informou a BBC.

O descubrimento, feito de forma casual por Phil Jacobs cando paseaba pola praia, será a peza central dun documental de David Attenborough que a cadea británica emitirá o día de Aninovo.

E foi de forma casual porque Jacobs tropezou co morro fosilizado da criatura cando paseaba pola praia da Baía de Kimmeridge, na Costa Xurásica de Dorset. Rapidamente telefonou ao seu amigo o Doutor Steve Etches, experto e coleccionista de fósiles. Tras un rastrexo determinaron que o resto do cranio debía estar nun cantil ás costas de onde atoparan a primeira peza do réptil.

Tras localizar o resto da caveira na parede do cantil tiveron que traballar colgados de cordas a 15 metros de altitude e usar unha enorme lona despregable para extraer os ósos coa maior integridade posible. Cando o lograron, reconstruíron de maneira maxistral a peza, que Steve Etches exhibirá o próximo ano no seu museo en Kimmeridge.

Os pliosaurios eran dinosauros que reinaron nos mares de Europa, Australia, Asia e América do Norte. Posuía unha mandíbula que tiña unha forza de 33.000 newtons, coa que se alimentaba doutros dinosauros como os plesiosaurios, grandes golfiños e luras xigantes. A forma triangular dos seus 130 dentes permitíanlle perforar a carne e desclavar os cabeiros rapidamente para poder realizar varios ataques consecutivos.

"O animal sería tan eficaz que creo que sería capaz de cazar calquera cousa que tivese a mala sorte de atoparse no seu espazo", opinou na BBC Andre Rowe, paleobiólogo da Universidade de Bristol. "Non teño ningunha dúbida de que isto era algo así como un T-Rex submarino", engadiu.

FONTE: elmundo.es/ciencia

0 comentarios