ENCRUCILLADO CXLVII
VERTICAIS: 1. Centro Nacional de Intelixencia de España 2. Arquipélago español do mar Mediterráneo, situado fronte ás costas do norte de África, das que dista 4 km 3. Planta leñosa e perenne, de follas lanceoladas opostas, flores amarelas e froito en baga, que vive parasita sobre troncos e pólas de árbores e que ten por nome científico Viscum album 4. Construción na marxe dun río ou do mar, que polo xeral forma parte dun porto e que se utiliza principalmente para facilitar o embarque e desembarque de persoas e mercancías e para abrigo das embarcacións 5. Apelido do enxeñeiro mecánico, inventor e químico escocés que realizou melloras na máquina de Newcomen e que deron lugar á coñecida como máquina de vapor de auga, que resultaría fundamental no desenvolvemento da primeira Revolución Industria 7. Elemento químico metálico de cor vermella escura, moi dúctil e maleable, que se usa en aliaxe con outros, entre outras cousas, para facer cables eléctricos e cuxo símbolo é Cu.
HORIZONTAIS: 2. Central de Intelixencia Americana 6. Mamífero carnívoro da familia dos vivérridos, de cara e corpo alongados, fociño aguzado, cola longa, patas curtas e pelame con manchas ou raias escuras e de nome científico Viverra civetta 8. Concello da comarca de Pontevedra, na provincia do mesmo nome, situado na banda norte da ría de Pontevedra, pertencente ás denominadas Rías Baixas, no que se atopa un Mosterio do mesmo nome 9. Persoa que engana aos demais finxindo ser o que non é ou quen non é.
0 comentarios