Blogia
vgomez

CANTO SABES DE MARROCOS? VIII

Continúo coa serie adicada a Marrocos, un país ao que moitos chaman a porta a África. É o país veciño alén do mar, que é realmente sorprendente, é cor, cheiro, sabor, grandes montañas, deserto, mar e medinas, tranquilidade e caos…

A contestación correcta á pregunta onte é Monarquía constitucional. Con lexislatura bicameral e un sistema multipartidista con sufraxio universal. O rei Mohammed VI de Marruecos (1)  é o xefe do Estado. É o xefe das Forzas Armadas, nomea ao Xefe do Goberno (Aziz Ajanuch)(2), que será o elixido polo poder lexislativo e correspóndelle a presidencia do Consello de Ministros. O Parlamento de Marrocos está composto de dous cámaras: a Cámara de Representantes e a Cámara de Conselleiros. Ao parlamento corresponde o poder lexislativo e o control do goberno. A Cámara de Representantes é elixida por sufraxio universal, libre, directo e secreto entre todos os cidadáns rexistrados no censo por un período de cinco anos. A Cámara de Conselleiros é un cámara de segunda lectura ou cámara alta que representa ás rexións e municipios de Marrocos por un sistema de representación de segundo grao.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Na súa organización territorial, Marrocos está dividida en cantas rexións, incluídas as Provincias Meridionais?

- 7

- 9

- 10

- 12

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org e google.com

0 comentarios