TEORÍA DA FELICIDADE DE ALBERT EINSTEIN
O mozo viu abriu a porta á que acababa de chamar. Tras ela apareceu Albert Einstein co seu bigote enmarcando un sorriso. Corría o mes de novembro de 1922 e un dos maiores xenios da historia aloxábase no Hotel Imperial de Tokio. Einstein viaxou a Xapón con fins académicos, facía pouco que lle outorgaban o Premio Nobel de Física e foi recibido como unha celebridade no país. Un carteiro nipón acudiu ata a súa habitación para entregarlle un paquete.
Daquel breve encontro xurdiu unha “teoría”. Non era unha nova achega á ciencia, pero seguía sendo de gran utilidade para a humanidade. Einstein escribiu en 13 palabras a clave para ser feliz.
Loxicamente, un xenio da talla de Einstein é capaz de condensar estas ideas nunha soa frase. Foi o que fixo en dúas notas escritas da súa propia man mentres se hospedaba naquel hotel de Tokio. Cando o carteiro xaponés presentouse ante a súa porta, Einstein quixo entregarlle unha propina. Descoñecemos se o científico non tiña unhas moedas a man nese momento ou foi o repartidor quen as rexeitou educadamente, en calquera caso, Einstein pagoulle "dalgunha maneira". A propina consistiu en dúas notas nas que Albert Einstein formulou a “teoría da felicidade”. Unha delas tiña impreso o logo do hotel e Einstein escribiu en alemán 13 palabras: “Stilles bescheidenes Leben gibt mehr Glueck als erfolgreiches Streben, verbunden mit bestaendiger Unruhe”. Que podería traducirse como:
“Unha vida humilde e tranquila trae máis felicidade que a persecución do éxito e a constante inquietude que implica”.
Einstein entregoulle unha segunda nota ao mozo, tamén asinada, na que escribira que:
“Onde hai vontade, hai un camiño”.
As notas foron conservadas con celo polo mozo xaponés que as recibiu de mans do flamante Nobel de Física e mantivéronse a recado ata tempos recentes. Como paradoxo, a pesar das claves de Einstein para alcanzar a felicidade afastadas do material, as notas foron poxadas por 1,5 millóns de dólares.
FONTE: Fran Navarro/muyinteresante.es Imaxe: computerhoy.com
0 comentarios