CANTO SABES DE BULGARIA? X
Continúo coa serie adicada a Bulgaria, un país situado ao sur de Europa, un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea. Ademais da gran beleza de moitos dos seus lugares, e da importancia da natureza en todo o seu territorio, destaca pola súa gran riqueza cultural declarado parte do Patrimonio Cultural pola UNESCO.
A contestación correcta á pregunta de onte é Leva. É a moeda oficial de Bulgaria. O código ISO 4217 para esta unidade monetaria é BGN e a súa abreviatura Lv (Лв). Subdivídese en 100 stotinki. Bulgaria deberá adoptar o euro nun futuro, pois forma parte da Unión Europea desde o 1 de xaneiro de 2007, aínda non hai unha data prevista para levar a cabo o ingreso do devandito país á eurozona.
E imos coa pregunta de hoxe!
10. Cal é a forma de goberno de Bulgaria?
- Dictadura
- República
- Monarquía
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios