CANTO SABES DE POLONIA? IX
Continúo coa serie adicada a Polonia, un país do centro de Europa e membro da Unión Europea, sendo o gran descoñecido de Europa.
A contestación á pregunta de onte é Vístula. Este rió, o máis importante de Polonia, pola que discorre integramente, ten unha lonxitude de 1.070 km. Nace no suroeste do país a 1.220 m de altitude, na vertente setentrional dos montes Cárpatos, e discorre primeiro en dirección norte, despois este e, por último, oeste. Desemboca no golfo de Gdansk, un entrante do Báltico, despois de dividirse en dous ramais que deixan entre eles un amplo delta.
E imos coa pregunta de hoxe!
9. Cal é o maior lago de Polonia?
- Mamry
- Śniardwy
- Hańcza
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes:es.wikipedia.org
0 comentarios