ENCRUCILLADO CLII
VERTICAIS: 1. Concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos, polo que discorren os ríos Mandeo e Mendo 2. Apelido do acuarelista e escultor colombiano, recoñecido polas súas personaxes de formas redondas e voluptuosas 5. Apelido do líder político e militar suramericano que levou aos que hoxe son os estados de Venezuela, Colombia, Ecuador, Perú, Panamá e Bolivia, a independizarse do Imperio español 7. Sen poder reaccionar a causa de algo estraño ou asombroso.
HORIZONTAIS: 3. Arbusto espiñoso da familia das rosáceas do que existen diversas especies, con froito non comestible, que se utiliza para enxertar pereiras e maceiras 4. Cada unha das dúas pequenas tiras de carne musculosa e tenra que se estenden entre o lombo e as costelas do animal despezado 6. Elemento químico metálico de transición, branco, moi duro e resistente ás altas temperaturas, que se emprega para a fabricación de aceiros especiais e de símbolo Mo 8. Matar por asfixia, a unha persoa ou animal, apertándolle a gorxa 9. Moeda grega anterior ao euro 10. Planta gramínea perenne, nativa de Europa e con importancia como planta forraxeira, con nome científico Dactylis glomerata.
0 comentarios