CANTO SABES DE COLOMBIA? XIII
Continúo coa serie adicada a Colombia, o país con maior biodiversidade do mundo, o vigesimosexto país máis grande do mundo e o sétimo máis grande de América, e a segunda nación con máis hispanofalantes, detrás de México.
A contestación correcta á pregunta de onte é Tota. O lago de Tota é un corpo de auga natural situado no departamento de Boyacá. Cunha superficie próxima ao 55 km² é o lago máis grande de Colombia. Ademais, despois do Titicaca é o segundo lago navegable a maior altitude de América do Sur, ao estar situado a 3.015 m s. n. m.
E imos coa pregunta de hoxe!
13. Cal é o principal colcán activo de Colombia?
- Nevado do Ruiz
- Galeras
- Nevado do Huila
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios