ENCRUCILLADO CLIV
VERTICAIS: 1. Exterminación metódica dun grupo social por motivos étnicos, relixiosos ou políticos 2. Peixe da subclase dos acantopterixios, de corpo alongado, sen aletas ventrais e cunha soa ala dorsal de raios brandos, que vive en bancos sobre fondos areosos ou de grava e do que se coñecen múltiples especies 3. Elemento químico sólido, de cor amarela semellante á do limón, con brillo de vidro, que arde facilmente cun cheiro agre característico e que ten diversas aplicacións na industria e na agricultura para combater pragas e de símbolo S. 5. Peza interior de abrigo que levaban as mulleres por debaixo da saia e que tiña a forma desta 7. Arbusto da familia das ericáceas do que existen varias especies, que pode chegar a alcanzar un metro de altura, de follas perennes e lanceoladas, con flores pequenas en acio de cor púrpura, rosada ou branca.
HORIZONTAIS: 4. Peza instrumental, de composición libre e carácter improvisado, inspirada en cantos tradicionais e populares 6. Capital de Nova Zelandia 8. Animal mariño brando e transparente, do grupo dos celentéreos, co corpo xelatinoso en forma de paraugas ou de campá, do que saen varios tentáculos e uns filamentos irritantes e do que existen numerosas especies 9. Concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca da Paradanta, famoso pola Festa da Lamprea 10. Río de España, afluente máis caudaloso do río Guadiana pola marxe esquerda: ten un 210 km de lonxitude e unha conca hidrográfica de 8510 km².
0 comentarios