Blogia
vgomez

CANTO SABES DE KENYA?

Kenya é un país de África oriental que se eleva desde as planicies costeiras do Océano Índico ata as montañas e altas mesetas do interior. Corenta grupos étnicos, entre eles os Kikuyu, dedicados á agricultura, e os Masai, pastores e gandeiros, habitan as zonas rurais, que aínda hoxe en día albergan tres cuartas partes da poboación do país. O turismo constitúe un sector esencial para a economía de Kenya, que é un dos destinos preferidos polos amantes dos safaris.

Este é o pais que a partir de hoxe trataremos de coñecer un pouco mellor. Comezamos!

1. Cal é a capital de Kenya

- Mombasa

- Makuru

- Nairobi

- Kisumu

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: gl.wikipedia.org         Imaxes: gl.wikipedia.org e es.wikipedia.org

0 comentarios