CANTO SABES DE KENYA? III
Continúo coa serie adicada a Kenya. Un país de África oriental que se eleva desde as planicies costeiras do Océano Índico ata as montañas e altas mesetas do interior, con corenta grupos étnicos que habitan as zonas rurai, e onde o turismo constitúe un sector esencial para a súa economía, e un dos destinos preferidos polos amantes dos safaris.
A contestación correcta á pregunta de onte é 3. A saber...
E imos coa pregunta de hoxe!
3. Cal é a extensión aproximada de Kenya?
- 500.000 km2
- 575.000 km2
- 625.000 km2
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios