Blogia
vgomez

CANTO SABES DE KENYA? IX

Continúo coa serie adicada a Kenya. Un país de África oriental que se eleva desde as planicies costeiras do Océano Índico ata as montañas e altas mesetas do interior, con corenta grupos étnicos que habitan as zonas rurai, e onde o turismo constitúe un sector esencial para a súa economía, e un dos destinos preferidos polos amantes dos safaris.
A contestación correcta á pregunta de onte é Tana. Este río é o río máis extenso de Kenya. Percorre 800 km cara sueste, dende os Montes Aberdare ata o océano Índico, onde desauga cerca de 90 km ao nordeste de Melinde. No curso superior do río foron construídas varias presas nas décadas de 1960 e 1970 para aproveitamento hidroeléctrico. Na parte inferior do seu curso, na planicie, practícase a agricultura.

E imos coa pregunta de hoxe! 

9. Cal é o punto máis alto de Kenya? 

- Monte Elgon

- Monte Sátima

- Monte Kenya

- Monte Makugen

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios