Blogia
vgomez

CANTO SABES DE KENYA? XII

Continúo coa serie adicada a Kenya. Un país de África oriental que se eleva desde as planicies costeiras do Océano Índico ata as montañas e altas mesetas do interior, con corenta grupos étnicos que habitan as zonas rurai, e onde o turismo constitúe un sector esencial para a súa economía, e un dos destinos preferidos polos amantes dos safaris.

A contestación correcta á pregunta de onte é 23. A saber: parque nacional de Aberdare, parque nacional de Amboseli, parque nacional de Arabuko Sokoke, parque nacional de Illa Central, parque nacional de Chyulu Hills,    parque nacional de Hell’s Gate, parque nacional Kora,     parque nacional Lago Nakuru, parque nacional de Malka Mari, parque nacional de Marsabit, parque nacional de Meru, parque nacional do Monte Elgon, parque nacional del Monte Kenya, parque nacional do Monte Longonot,   parque nacional de Nairobi, parque nacional de Ol Donyo Sabuk, parque nacional de Ruma, parque nacional de Saiwa Swamp, parque nacional de Sibiloi, parque nacional de Tsavo East e parque nacional de Tsavo West, parque nacional mariño de Watamu, parque nacional mariño de Malindi, parque nacional marino de Kisite-Mpunguti. Como curiosidade nalgúns textos aparecen 24 ao separar parque nacional de Tsavo East e parque nacional de Tsavo West, que curiosamente estan separados por unha estrada e o ferrocarril.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Anterior á constitución de 2010, Kenya atopábase subdividido en 8 provincias​. Coa proclamación da constitución de 2010, e a posterior integración da administración provincial pasaron a denominarse condados con gobernos electos. Cantos condados ten Kenya?

- 27

- 37

- 47

- 57

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org        

0 comentarios