CANTO SABES DE KENYA? XIII
Continúo coa serie adicada a Kenya. Un país de África oriental que se eleva desde as planicies costeiras do Océano Índico ata as montañas e altas mesetas do interior, con corenta grupos étnicos que habitan as zonas rurai, e onde o turismo constitúe un sector esencial para a súa economía, e un dos destinos preferidos polos amantes dos safaris.
A contestación correcta á pregunta de onte é 47. Desde 2013, Kenya divídese en 47 condados, os cales están dirixidos por un gobernador. Anteriormente, o país organizábase en oito provincias.
E imos coa pregunta de hoxe!
13. Cal é a moeda oficial de Kenya?
- Cedi
- Naira
- Xilin
- Nakfa
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE:es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e revista.lamardeonuba.es
0 comentarios