Blogia
vgomez

A FERVENZA MÁIS ALTA DE ESPAÑA

En España hai moitos lugares que debemos visitar e cos que descubrir unha pequena parte desa inmensa riqueza natural que posúe o noso país. Viaxamos ata País Vasco para penetrarnos no Monumento Natural do Monte Santiago nos límites de Bizkaia e Burgos. Alí atoparemos esta impresionante marabilla natural, onde a auga cae en fervenza desde unha caída escarpada de máis de 220 metros (e con 270 metros de altitude), ofrecendo unha visión pura e salvaxe da beleza natural e a diversidade ecolóxica da rexión.

A fervenza forma parte dos primeiros quilómetros do río Nervión, que na súa desembocadura constitúe a ría de Bilbao. Falamos do Salto do Nervión, a fervenza máis alta de España e de toda a Península Ibérica.

O salto de auga atópase ao bordo da Serra Salvada, unha cadea montañosa que forma unha fronteira natural entre as provincias de Burgos e Álava (a ladeira norte da cordilleira forma parte do País Vasco e a ladeira sur, de Burgos). O cantil sobre o que se precipita o río Nervión pertence a un complexo kárstico, unha paisaxe formada pola disolución de rochas solubles entre calcarias, dolomías e xesos. O paso do tempo vestiu de covas, arroios subterráneos e espectaculares desniveis como o que podemos apreciar no Salto do Nervión.

Que río alimenta a fervenza? O río Nervión que nace nun pequeno manancial dos montes próximos, e que vai collendo forza ao seu paso de varios afluentes. O máis destacable deste emprazamento natural é precisamente o Salto do Nervión que podemos definilo como un salto de auga intermitente. Non está sempre co mesmo volume nin fóra de auga, xa que o fluxo depende excesivamente das choivas ou tormentas e o desxeo da época, o que significa que a fervenza ás veces pode reducirse a un ’fio’ de auga ou mesmo desaparecer por completo durante os meses estivais.

A fervenza recibe miles de visitantes anualmente, xa sexa a través do miradoiro, o Miradoiro do Nervión (desde arriba, cun pequeno roteiro de 21 minutos e un desnivel de subida de 17 metros) -tamén desde os municipios de Amurrio, en Araba e Orduña, en Bizkaia- ou xusto desde abaixo tras un pequeno roteiro de sendeirismo despois de cruzar o Cañón de Delika para admirar o salto desde outra perspectiva.

Nos meses de verán a fervenza está practicamente seca ou por el flúe un fino fío de auga practicamente inapreciable, así que o mellor momento para contemplar esta extraordinaria fervenza é precisamente, cando menos calor fai. Quizá a mellor época para visitalo sexa na primavera ou despois de fortes choivas, cando a fervenza está no seu punto máis maxestoso. Se queres chegar andando, pódese acceder ao Salto do Nervión a través dunha rede de roteiros de sendeirismo que ofrecen distintos niveis de dificultade.

A contorna do Salto do Nervión é un remanso de biodiversidade, grazas ás súas variadas paisaxes que inclúen ecosistemas ribeiregos, cantís rochosos e bosques mixtos. Os bosques que rodean a fervenza albergan unha variedade de árbores, como faias, carballos e piñeiros. Tamén, debido á humidade ao redor da fervenza, poderás contemplar maleza, fentos e unha preciosa alfombra de musgo natural. En canto á fauna, os arredores sustentan unha ampla gama de vida silvestre. Os amantes das aves poderán observar varias especies de aves rapaces, como o voitre leonado, aguias, falcóns... que a miúdo se ve voando por encima dos cantís e, unha vez no chan, o bosque serve de hábitat perfecto para mamíferos como xabarís, cervos, raposos ou pequenos esquíos e londras. O río tamén está cheo de vida e alberga especies como a ra ibérica e varios peixes de auga doce.

A nosa, a de Galicia, non é tan espactacular pero é ben xeitosa: Fervenza do Ézaro. Esta fervenza fórmaa o río Xallas na súa desembocadura ao mar na enseada do Ézaro en Santa Uxía do Ézaro, unha parroquia do concello de Dumbría. É a única fervenza en Europa que desemboca directamente no océano. No último treito do río Xallas o desnivel é de 155 metros, e a auga precipítase a 40 metros de altura monte abaixo até se esmagar con virulencia contra as paredes pétreas do canón que a propia auga arou ao cabo de millóns de anos.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/naturaleza   maxe: Wolffoxylady/es.wikipedia.org

0 comentarios