PODE A INTELIXENCIA ARTIFICIAL EXPRESAR EMOCIÓNS?
Os comezos de Nerea Luis na área da informática teñen que ver cos seus recordos de infancia, cando construía computadores de cartón coa súa irmá e era fiel seguidora da serie de manga Sailor Moon, onde a guerreira Sailor Mercury salvaba o mundo cunha pequena computadora. O anime, a chegada da internet e a creación da súa propia páxina web na época do instituto guiaron os seus pasos cara á Enxeñería Informática. Doutora en Intelixencia Artificial e Máster en Ciencia e Tecnoloxía Informática, as súas áreas de especialización van desde a IA á robótica e realidade virtual, ámbitos nos que desenvolveu a súa carreira profesional nos últimos anos, en proxectos relacionado con Procesamento da Linguaxe Natural e Visión Artificial.
O seu labor divulgador, que desempeñou en programas de radio, televisión e conferencias, foi recoñecida por Google, Casa Real ou Forbes. En 2013 cofundó o evento gratuíto de ciencia e tecnoloxía T3chFest e desde 2017 formou parte da Fundación COTEC e a iniciativa Ciencia no Parlamento como experta en novas tecnoloxías e xénero. A doutora Luis é profesora en varias universidades, forma parte do equipo de Asesoramento, Divulgación e Consultoría en Intelixencia Artificial da Universidade Carlos III de Madrid e recentemente uniuse ao consello asesor de Intelixencia Artificial de Ashoka.
0 comentarios