CANTO SABES DE ANDORRA? XII
Continúo coa serie adicada a Andorra, un micro-estado que se atopa no suroeste de Europa, no corazón dos Pirineos Orientais tendo fronteira con España pola Comunidade Autónoma de Cataluña e con Francia polo departamento de l’Ariège.
A contestación correcta á pregunta de onte é Euro. Andorra careceu historicamente de moeda oficial. Ata a introdución do euro en España e Francia, a peseta española e o franco francés foron as moedas usadas de facto. O 1 de xaneiro de 2002 comezou a posta en circulación do euro e este converteuse na moeda de facto do país. O 1 de abril de 2012, entrou en vigor un acordo monetario que permitía a Andorra usar o euro de maneira oficial así como acuñar as súas propias moedas de euro. A primeira emisión de moedas de euro de Andorra tivo lugar en decembro de 2014.
E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!
12. Cal é o animal oficial de Andorra?
- Corzo
- Marmota alpina
- Xabaril
- Rebezo
Mañá a solución e remate da serie!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.numista.com e entremontañas.com
0 comentarios