Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO CLIX

VERTICAIS: 1. Doenza, afección que ten unha evolución rápida e moi grave, e tende a un desenlace fatal 4. Anaco de carne máis ou menos graxenta ou de febra torrada que queda despois de derreter as graxas do porco no proceso de elaboración da manteiga 6. Paxaro da familia dos hirundínidos, coa parte superior de cor negra azulada, a inferior branca e a testa e a gorxa vermellas, ás rematadas en punta e cola gallada, que ten por nome científico Hirundo rustica 8. Peixe da familia dos gádidos de ata cincuenta centímetros de lonxitude, corpo alongado, cor cincenta acastañada no dorso, prateada nos flancos e branca no ventre, coas tres aletas dorsais moi separadas e de nome científico Micromesistius poutassou.

HORIZONTAIS: 2. Ser vivo que necesita o osíxeno do aire para vivir 3. Pequena construción, normalmente pegada á casa labrega, polo xeral só cuberta polo tellado, que serve de almacén para gardar a leña, o carro, as ferramentas de traballo e outros utensilios 4. Capital e cidade máis poboada da República de Letonia 7. Elemento químico presente na natureza baixo diversas formas con características físicas diferentes, das que as dúas máis coñecidas son o fósforo branco, tóxico, moi inflamable e luminoso na escuridade e o fósforo vermello que carece de toxicidade e que só se inflama a altas temperaturas e de símbolo P 9. Planta de vide 10. Temor morboso e obsesivo a certas situacións ou circunstancias e a certos obxectos que realmente non presentan perigo.

0 comentarios