Blogia
vgomez

CANTO SABES DE HUNGRÍA? X

Continúo coa serir adicada a Hungría, un dos vintesete Estados soberanos que forman a Unión Europea e que se atopa na chaira panónica da Europa Central.

A contestación correcta á pregunta de onte é Balatón. É o maior lago da Europa Central, cunha superficie de 592 km². O seu longo é de 77 km e a súa anchura varía de 4 a 14 km. A superficie do lago sitúase a 104 m por riba do nivel do mar, e a súa profundidade chega a 11 m (profundidade media 3,2 m). Como Hungría non ten costa marítima, o lago Balaton é ás veces chamado "Lago Húngaro". O río Zala fornece a maior cantidade de auga ao lago, e o canal Sió prové a saída de auga cando é necesario.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Cal é o punto máis alto de Hungría?

- Kékes

- Somló

- Naszály

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios